CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS IGUALDADE

A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza acaba de convocar a Resolución do 30 de abril de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas e subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. (DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014)

O noso equipo de persoas especialistas en materia de igualdade e perspectiva de xénero de Eduvía, Xestión Cultura e Lecer, S.L.,  con experiencia contrastada na realización, posta en marcha e tramitación deste modelo de solicitudes, xa comezou a traballar en colaboración cos concellos para facilitarlles o traballo relacionado cos trámites, documentación, deseño de memorias solicitudes, avaliación e xustificación de actuación e medidas das propostas que lles interese presentar,

Se o seu concello pode estar interesado non dubiden en poñerse en contacto con nos, e farémoslle  innovadoras e interesantes propostas para desenvolver políticas de igualdade adaptadas á realidade social e ás súas necesidades.

IGUALDADe 2

0

Añadir un comentario