DSC_1609EDUVÍA está constituída por un grupo de excelentes profesionais con formación nos campos que consideramos interesantes para o correcto funcionamento das actividades e o enriquecemento das mesmas Pedagoxía,  Educación Social, Animación Sociocultural, Psicoloxía, Igualdade de Oportunidades, Bioloxía, Enfermería, Intervención no Lecer e Tempo Libre…

En EDUVIA contamos con experiencia no SECTOR traballo sociocultural en distintos concellos, asociacións, colectivos e programas desenvolvidos, principalmente, no territorio galego. Isto fai que EDUVIA conte cun importante potencial humano, técnico e profesional para xestionar e desenvolver programas e proxectos de tipo social e/ou cultural.