As áreas de actividade nas que traballamos engloban diversos campos como o da cultura,  formación,  dinamización turística e a educación non formal e o lecer, entre as que destacan:

  • Servizos para a Xuventude: Organización de campamentos, obradoiros e xincanas, programas de emancipación xuvenil, igualdade de oportunidades,  participación activa, programas de lecer alternativos.
  • Servizos Educativos: Programas educativos a medida, actividades complementarias, actividades extraescolares, escolas de nais e pais, días temáticos, viaxes de fin de curso e excursións escolares.
  • Servizos Deportivos: Organización de competicións, accións que fomenten a actividade física, eventos deportivos, xestión de escolas deportivas.
  • Servizos Culturais: Contacontos con diferentes temáticas, animación á lectura, divulgación do patrimonio municipal, festas culturais, rutas e visitas guiadas, dinamización de centros culturais, organización de espectáculos e eventos.
  • Servizos de Intervención Social: Programas de animación sociocultural, prevención drogodependencias , apoio técnico ao asociacionismo, programas de intervención sociolaboral.
  • Servizos de Medio Ambiente:  Xestión de programas de educación ambiental, obradoiros de ecoloxía, servizos de divulgación medioambiental, xestión de centros de interpretación, informes medioambientais.
  • Servizos de Animación: Dinamización de eventos, Festas de Fin de curso, Aniversarios,  obradoiros promocionais, Xogos tradicionais, Inchables,  Animación de centros comerciais, .
  • Servizos Turísticos: Actividades de Aventura e Natureza: xeocaching, airsoft, tiro con arco e cervatana, rutas en mountain bike,sendeirismo, orientación, tirolina, escalada…  con programacións a medida.
  • Servizos para Festas: Deseño e organización de festas tradicionais, como Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, e  festas municipais e patronais, celebracións culturais espectáculos de maxia, malabares ou títeres, ambientación de festas temáticas.