Dende as asociacións hai unha situación privilexiada para a promoción e divulgación de actividades cercanas aos seus socios e social, tanto nenos e nenas, como xoves, adultos ou terceira idade, dunha maneira que sexa interesante para tódalas persoas.

manos barroTentamos colaborar na vosa labor altruísta ofertando actividades orixinais, baseadas na promoción da cultura no seu sentido máis amplo, poñendo en valor ás persoas e as relacións entre elas.

Temos unha ampla variedade de cursos para nenos e adultos, cursos e talleres de debuxo, pintura, escultura, cerámica, ballet, danza, ioga, baile galego, bailes de salón, percusión, gaita, pandeireta, cociña, licores e conservas, informática, manualidades, galego, inglés, francés, risoterapia, etc.

Pincha aquí e solicita o noso completo Catálogo de Actividades Culturais e Cursos

Tamén ofertamos formación específica en temática asociativa como: obrigas tributarias para as asociacións, como captar socios, dinamización de asambleas, captación de recursos, …

FESTAS

Sabemos que Galicia conta cun tradicional calendario de festas que marcaba as estacións e o paso dunha a outra así como os eventos importante do ano. Calquera que sexa a festa que queirades organizar, ofrecemos a nosa experiencia coa realización de actividades culturais nas festas e conmemoracións que se desenvolvan na vosa asociación ou comisión de festas, adaptándonos ás vosas necesidades.

  • obradoiros creatividade pinsEntroido
  • Festas patronais
  • Nadal
  • Magostos
  • Samaín  / Halloween
  • San Xoán
  • Os maios
  • Festas gastronómicas
  • Días conmemorativos
  • Recuperación de Xogos Tradicionais

Ademais estamos en contacto permanente con todo tipo de autores, artistas e animadores. Xestionamos actuacións de pequeno e gran formato. Decídenos que tes en mente e poñemos á vosa disposición a nosa carteira de artistas para que as vosas festas gañen en vistosidade e calidade.