Dentro do equipo de profesionais que forman EDUVIA, hai un amplo sector provinte do eido educativo. Por iso nos gusta traballar estreitamente cos centros educativos coa finalidade de que as nosas actividades complementen a formación impartida dende as aulas.

Tratamos coas nosas actividades levar a cabo unha educación non formal que asente e complete aqueles contidos traballados nas diversas áreas educativas do currículo escolar.

As nosas propostas van dende:

  • Actividades Extraescolares xestionadas por monitores titulados e con experiencia que garanten a seguridade e calidade das propostas.
  • Festas e celebracións ofertamos actividades específicas para tódalas conmemoracións do ano: festas de fin de curso, Nadal, Entroido, Magostos, Día das Letras Galegas, Libro.., poñemos á vosa disposición Inchables, Contacontos, Paiasos, Papa Noel,  Karaoke, Xinkanas de auga, Festa da espuma, Reis Magos, Xogos Musicais, Maquillaxe, Globoflexia, Espectáculos de Maxia, Títeres,… e todo o que precisedes para que as vosas celebracións sexan inesquecibles.
  • Escolas de Nais e Pais, contamos cun amplo abano de actividades que poderedes consultar no noso Catálogo Actividades para Escolas de Nais e Pais e ANPAS con propostas propostas específicas.
  • Actividades complementarias contamos con obradoiros interesantes e lúdicos sobre igualdade, medioambiente, interculturalidade, seguridade nas redes sociais,… propoñemos Contacontos educativos e divertidos sobre educación en valores como a igualdade e convivencia, respecto ao mediambiente, diversidade cultural,…
  • Turismo escolar planificamos as túas viaxes de fin de curso e excursións escolares. Ofrecemos tamén servizo de monitores acompañantes, encargámonos de que os participantes gocen ao máximo coa maior seguridade.