Os profesionais que traballaron no deseño das actividades complementarias que ofrecemos son educadores/as, psicólogos/as, malabaristas, biólogos/as, contadores/as,.. que puxeron toda a súa ilusión en crear o noso Catálogo de Actividades Complementarias no que se conxuga unha proposta lúdica con contidos educativos, a formación en valores e o enfoque social. Para solicitalo pincha aquí.

En EDUVIA, queremos cubrir tódalas necesidades e demandas que se van xerando nos centros escolares, apoiando así tanto á   Dirección do Colexio como ás ANPAS na labor de mellorar e innovar nos servizos que ofrecen aos seus alumnos/as e familias ofrecendo un amplo abano de actividades complementarias que reforcen os contidos que se traballan na aula cada trimestre e adaptalas a estes, organizadas e coordinadas por o noso equipo de profesionais. Entre nosas actividades podemos destacar:

  • becerrinoDinamización de Eventos
  • Animación á Lectura
  • Contacontos a medida
  • Danzas do mundo
  • Xogos cooperativos
  • Talleres de Educación Sexual
  • Obradoiros de Artes e Oficios Tradicionais Galegos
  • Seguridade en Internet e Redes Sociais
  • Talleres de Prevención de Drogodepencias
  • Obradoiros de música e instrumentos musicais
  • Cociña creativa
  • Adestramento de Habilidades Sociais
  • Decoración de patios e exteriores

Temos dispoñibles actividades específicas para cada conmemoración do ano que poden resultar interesantes e refrescantes:

  • niNos en grupo rindoEntroido
  • Día da Muller Traballadora
  • Nadal
  • Magostos
  • Samaín  / Halloween
  • San Xoán
  • Semana das Letras Galegas
  • Os maios
  • Día Mundial da Saúde
  • Festa de fin de curso
  • Recuperación de Xogos Tradicionais