23082012529

Organizar viaxes para escolares e algo complexo, que acarrea grandes responsabilidades. Por tal motivo, en EDUVIA ofertamos distintas alternativas de turismo escolar coa finalidade de promover este tipo de periplos:

  • Viaxes organizados a medida en España ou noutros países
  • Excursións dun día
  • Excursións de varios días
  • Paquetes para viaxes de fin de curso
  • Servizo de acompañamento de monitores titulados de lecer e tempo libre para atender ós/ás alumnos/as
  • Deseño de visitas culturais, ambientais, lúdicas, deportivas e recreativas, xogos, dinámicas e actividades diversas segundo o que se precise

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA nosa oferta inclúe interesantes alternativas de acordo coa economía de cada centro educativo, pois promociona destinos cercanos e excursión en Galicia para colexios ou institutos con menores recursos.

Consultádenos e informarémosvos de tódalas nosas alternativas de turismo escolar ofrecéndovos información detallada sobre os nosos programas e adaptando os servizos en función das vosas necesidades, primando en todo momento o servizo de calidade e a seguridade.

CAMPAMENTOS OU LUDOTECAS

Si no teu centro educativo, queredes organizar campamentos ou ludotecas en calquera época non lectiva, non dubidedes en poñervos en contacto con EDUVIA que proporcionará o equipo técnico, material de actividades, seguros, autorizacións paternas, programa de actividades, etc.  Creando un servizo adaptado ás vosas necesidades.

Para iso só precisamos que nos digas onde queres realizar o teu campamento ou ludoteca, as datas e as idades dos nenos/as e nós encargámonos do resto. Podes facelo pinchando aqui.

Do mesmo xeito, se  o que buscades é un sitio onde realizar o campamento, cóntanos que tipo de actividades estás a buscar e nós encargámonos de todo: autorizacións,transporte, aloxamento, manutención e actividades.