eduvia06

Os nosos campamentos son unha actividade de convivencia ao aire libre orientada con fines educativos e de formación da persoa. Van máis alá que simples actividades de aventura, xogos ou visitas a lugares naturais. Responden, entre outras cosas, ao concepto de educación permanente como unha necesidade en tódalas idades e etapas da vida.

As actividades de tempo de lecer, como os campamentos, contribúen ao desenvolvemento da personalidade equilibrada, permitindo cultivar valores cun propósito educativo, vivindo dunha maneira máis consciente, xerando unha relación activa entre o educador e os acampados no marco dunha experiencia proveitosa en contacto coa natureza e o entorno.

Entre os campamentos que organizamos existen moitas posibilidades, poden ser :

Campamentos temáticos nos que tódalas actividades xiran ao redor dunha temática común. Por exemplo: Harry Potter, Lendas Galegas ou o Séptimo Arte.

Campamentos deportivos nos que o centro de mira se sitúa na práctica deportiva e na práctica dun ou varios deportes: fútbol, baloncesto, balonmán, bailes ou danzas, etc

Campamentos de mar centrados no coñecemento e disfrute deste entorno, combinado con actividades de animación, veladas, xogos cooperativos,…

6Campamentos multiaventura nos que os participantes se poden iniciar en actividades como a escalada, tirolina, hípica, rafting,… e moitas outras. Sen deixar de lado o traballo da autoestima, a educación en valores, as habilidades sociais, a igualdade de oportunidades, e outros moitísimos temas transversais que se poden tratar á vez que se pasa uns días marabillosos.

Campamentos urbanos que priman o coñecemento do entorno da nosa comunidade realizando interesantes actividades, e descubrindo a marabillas das nosas vilas e cidades.

Campamentos musicais que axudarán aos máis novos a achegarse dunha maneira lúdica e divertida ao mundo da música e probar diferentes instrumentos.

Ludotecas para pasalo en grande os máis pequenos, centrados no seu potencial educativo, experiencial e de convivencia.

Campamentos mediambientais que intentan mellorar o coñecemento da natureza o amor a ela, o respecto e a sensibilización dos/as participantes antes as problemáticas ambientais.

Campamentos de inmersión ligüística creados para mellorar as competencias lingüísticas dos/as participantes, á vez que se disfruta de interesantes actividades lúdicas. Todos eles con profesores nativos. Ofertamos inglés, francés, portugués e alemán.

Calquera dos nosos campamentos,  convértense nunha  magnífica opción para facilitar a conciliación laboral e familiar nas épocas de vacacións escolares: verán, Nadal, Semana Santa, Entroido,..

Si vostede desexa organizar un campamento , contacte con nos, e o noso equipo de profesionais lle fará unha oferta á súa medida e lle asesorará sobre a maneira máis eficaz de levalo a cabo.

SOLICITAR INFORMACIÓN