Creemos que dende  EDUVIA a nosa labor é colaborar coas administracións públicas, sobre todo no ámbito municipal, para prestar servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención.

People attending a Congress

A nosa contribución ao cambio social parte dun compromiso: Traballar por un mundo máis xusto, sostible e igualitario e se materializa nunha labor activa que levamos a cabo a través de asistencias técnicas para concellos  e outras entidades públicas e privadas no ámbito social.

O alcance dos proxectos sociais nos que intervimos, atende a diferentes temáticas e colectivos, especialmente a nenos/as, novos e familias. En todos eles aplicamos metodoloxías propias da intervención social, combinándoas con  recursos artísticos e culturais co obxectivo de contribuír ao cambio social e adaptarnos o mellor posible á realidade de cada concello.

EDUVIA  traballa polo desenvolvemento social entendido este como a dotación de oportunidades para a incorporación social baixo o principio de igualdade de oportunidades.

EDUVIA constrúe a súa labor profesional en torno a TRES AREAS DE INTERVENCIÓN que considera fundamentais para colaborar no desenvolvemento arrollo persoal e así ao desenvolvemento da sociedade:

EMPREGO

  • Obradoiros para o desenvolvemento persoal, a integración social e compensar déficit socioeducativos a adolescencia e mocidade en risco.
  • Programas de tratamento do absentismo escolar
  • Búsqueda activa de emprego
  • Promoción do autoemprego
  • Orientación laboral

260820123216

EDUCACIÓN

  • Educación para a saúde: hábitos saudables, fomento do deporte, nutrición saudable e prevención de trastornos alimenticios.
  • Talleres de educación sexual: prevención de contaxios de enfermidades de transmisión sexual, prevención de embarazos non desexados,…
  • Servizos de prevención de enfermidades de transmisión sexual e drogodependencias.
  • Programas para a prevención de adiccións en escolares e  xoves
  • Escolas de pais e nais, avós e avoas.

SERVIZOS SOCIAIS

  • Deseño, implementación e avaliación de proxectos sociais para a atención a colectivos desfavorecidos.
  • Servizos de educación social e de traballo social.
  • Elaboración de informes técnicos no ámbito social.
  • Estudios e investigacións.
  • Programas de intervención socioeducativa
  • Programas de desenvolvemento persoal e social: habilidades sociais, crecemento persoal, autoestima , participación, educación en valores, etc.

Temos un  equipo especializado en intervención social que realizará profunda análise das necesidades do seu proxecto e da realidade social na que se enmarca, para ofrecer unha solución integral e personalizada de intervención que axude a acadar da mellor maneira posible as prioridades e obxectivos desexados.