DSC05170

En EDUVIA ofrecemos unha serie de servizos ambientais aos Concellos porque sabemos que a preocupación polo medio ambiente é obxectivo prioritario

Deseñamos e poñemos en práctica programas e actividades diversas de educación ambiental dirixidas a todo tipo de público. Ofertamos  programas de divulgación e sensibilización mediambiental, acompañamos na  elaboramos informes técnicos que axudan a realizar unha correcta ordenación do territorio e dos seus recursos naturais e do patrimonio.

As nosas accións van dirixidas a distintos sectores, nenos, novos, adultos, terceira idade, asociacións, empresarios, centros educativos,… e teñen como fin estimular valores e actitudes ambientalmente responsables, fomentando a reflexión crítica e a participación na resolución dos problemas ambientais.  Co noso traballo pretendemos proporcionar á sociedade recursos orientados a conseguir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento máis equilibrado tanto ecolóxica como socialmente.

flor de san xoan EDUVIAEDUCACIÓN AMBIENTAL

  • Obradoiros temáticos: enerxía, auga, residuos, bioconstrucción, consumo responsable, artesanía,…
  • Taller de eco-agasallo
  • Xogos ambientais e dinámicas
  • Actividades específicas para días conmemorativos
  • Realización de viveiros e hortas escolares
  • Axenda 21 Escolar
  • Produción de materiais didácticos e divulgativos
  • Cursos para adultos de diferentes temáticas: Hortos Urbanos Sostenibles, Recollida e cociña de cogomelos, Ornitoloxía e avistamento de aves, Fotografía na natureza, Plantas medicinais, Elaboración de licores, confituras e marmelos,…
  • Xestión de equipamentos ambientais: centro de visitantes, aulas de natureza, etc.
  • Organización de estancias, campamentos e viaxes de educación ambiental

SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

  • Xestión de eventos ambientais: día da agua, semana da mobilidade, día do medio ambiente, etc.
  • Contacontos de sensibilización infantil
  • Charlas e foros de educación ambiental
  • Organización de Roteiros de sendeirismo interpretativos

RUTA INTERPRETATIVAEDUVIADIVULGACIÓN MEDIOAMBIENTAL

  • Realización de itinerarios ambientais
  • Deseño de Rutas de Sendeirismo Ecolóxicas
  • Elaboración de paneis interpretativos temáticos
  • Xestión de Centros de Interpretación do Medio Natural e do Patrimonio
  • Produción de exposicións divulgativas
  • Deseño de cadernos e guías interpretativas
  • Asistencia técnica en cursos, congresos e xornadas ambientais.

ESTUDOS AMBIENTAIS

  • Inventarios de flora e fauna
  • Programas de seguimento e vixilancia ambiental
  • Informes medioambientais
  • Inventarios de recursos e estudos de diagnóstico