CIMG0187

Tendo en conta que a xuventude é o pilar da sociedade do futuro, e a educación a mellor maneira de sacar toda a potencialidade que esta ten, contamos cun sen fin de actividades específicas para a mocidade.

Desde EDUVIA organizamos iniciativas que favorezan a autonomía persoal, a participación activa, a igualdade de oportunidades, e a emancipación xuvenil entre os máis xoves, a través de actividades como obradoiros, cursos de formación, campamentos ou campos de traballo.

Do mesmo xeito organizamos programas de ocio alternativo atractivos para os mozos, que sirvan como alternativas ao lecer e tempo libre dos mozos e mozas, sempre cun caracter educativo á vez que que lúdico.

Temos unha oferta de formación integral complementaria á formación reglada con  actividades formativas que educan en valores.  Para iso realizamos campañas de promoción e divulgación en diferentes ámbitos como deporte, cultura, saúde, educación sexual, emprego, prevención de drogodependencias, adestramento de habilidades sociais, etc.

Ponte en contacto con nós e o noso equipo de profesionais estará encantado de ofrecer unha resposta adaptada as necesidades do teu Concello. Estas son as áreas onde o noso persoal conta con máis experiencia e poderá asesorarvos dunha maneira personalizada.

file121338153849

ÁREA DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES

  • Promoción do Deporte
  • Prevención da drogodependencias
  • Educación afectivo sexual
  • Autoestima
  • Alimentación equilibrada
  • Adestramento de Habilidades Sociais
  • Educación vial
  • Navegación segura en Internet
  • Actividades ao aire libre: geocaching, tiro con arco, deporte de aventura, orientación, fines de semana multiaventura, Campamentos, campos de traballo, …
  • Deseño de programas de Ocio Alternativo

PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN XUVENIL

  • Asociacionismo
  • Voluntariado
  • Foros de participación xuvenil

ÁREA DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA E INDEPENDENCIA NA MOCIDADE

  • Búsqueda activa de emprego
  • Autoemprego
  • Educación e Formación
  • Vivenda
  • Prevención asentismo escolar
  • Orientación Laboral

ÁREA DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

  • Obradoiros temáticos
  • Contacontos
  • Interculturalidade
  • Igualdade de xénero
  • Integración da discapacidade