excursion

INCENTIVOS RECREATIVO-FORMATIVOS:  OUTDOOR TRAINING E TEAM BUILDING

As actividades formativas ao aire libre (ourdoor training), tamén chamadas de team building cando se fan para as empresas, están especialmente deseñadas para satisfacer os obxectivos da empresa,e consisten en tarefas de construción, organización e competición. A aprendizaxe experiencial pode traballarse a través de distintos programas: a busca da identidade e a vinculación co grupo, o sentimento de pertenza, a visión de conxunto, la consecución de obxectivos, as relacións grupais…etc.
Os obxectivos ou competencias emocionais que se perseguen máis comunmente son:

  • Comunicación Eficaz baseada na asertividade.
  • Cohesión grupal.
  • Habilidades Sociais.
  • Solución de conflitos.
  • Resistencia ao estres.

COACHING

E unha actividade puramente formacional pero que funciona moi ben ao incluírse como anexo a unha xornada de reunión da empresa amenizada con actividades complementarias.

O coaching é unha técnica a través da cal podemos adestrar as capacidades que queira a empresa, ao nivel que se desexe. É un adestramento  persoal para a vida profesional ou persoal. Para elo contamos cun equipo de psicólogos e expertos especializados en COACHING.