As áreas de actividade nas que traballamos engloban diversos campos como o da cultura,  formación,  dinamización turística e a educación non formal e o lecer, entre as que destacan:

  • Servizos para a Xuventude: Organización de campamentos, obradoiros e xincanas, programas de emancipación xuvenil, igualdade de oportunidades,  participación activa, programas de lecer alternativos.
  • Servizos Educativos: Programas educativos, actividades complementarias, actividades extraescolares, escolas de nais e pais, días temáticos, viaxes de fin de curso e excursións escolares.
  • Servizos Deportivos: Organización de competicións, desenvolvemento de actividades deportivas e fomento da actividade física, Xestión de escolas deportivas, realización de cursos.
  • Servizos Culturais: Contacontos con diferentes temáticas, animación á lectura, alfabetización dixital, festas culturais, rutas e visitas guiadas, dinamización e xestión de centros culturais.
  • Servizos de Intervención Social: Programas de animación sociocultural, prevención sanitaria , apoio técnico ao asociacionismo, programas de intervención sociolaboral.
  • Servizos de Medio Ambiente: Programas de educación ambiental, talleres ecolóxicos, deseño de campañas de comunicación sobre o medio ambiente e servizos de interpretación do medio natural e o patrimonio.
  • Servizos para Festas: Deseño e organización de festas populares, como Magosto, Nadal, Entroido, e patronais, celebracións culturais e eventos deportivos, eventos para días conmemorativos.
  • Servizos de Animación: Dinamización de eventos, Fin de curso, Aniversarios,  Lecer promocional, Gymkhanas temáticas, Animación de centros comerciais.
  • Servizos Turísticos: Actividades de Aventura e Natureza: xeocaching, airsoft, tiro con arco e cervatana, rutas en mountain bike,sendeirismo, orientación, tirolina, escalada…  con programacións a medida.

`FOTO DE GRUPO NINOS PINTADOS