Dende os concellos hai unha situación privilexiada para a promoción e divulgación da Cultura aos seus veciños e veciñas, tanto nenos e nenas, como xoves, adultos ou terceira idade, dunha maneira que sexa interesante para tódalas persoas.

Tentamos colaborar neste proceso ofertando actividades orixinais, baseadas na promoción da cultura no seu sentido máis amplo, poñendo en valor as riquezas do patrimonio cultural do propio concello.

ANIMACIÓN DE BIBLIOTECA

A partires da nosa experiencia como contacontos, na creación de textos, en obradoiros de lectura, …. fomos estruturando toda unha serie de actividades pensadas expresamente para realizar en bibliotecas, seguindo as súas suxerencias:

  • actividades nenos coles bibliosContacontos
  • Obradoiros creativos: marcapáxinas, cómics, marionetas, encadernación, ilustración,…
  • Animación á lectura
  • Animación á escritura
  • Club de lectura
  • Bibliopiscina e Bibliopraia
  • Feiras do Libro

Pincha aquí e solicita o noso Catálogo de Actividades de Dinamización de Bibliotecas

Formamos parte do Programa Ler Conta Moito promovido pola  Secretaría  Xeral de Cultura. Poderás ver nosas actividades pinchando aquí

ESCOLAS MUNICIPAIS 

Temos unha ampla variedade de cursos para nenos e adultos de calidade, cursos e talleres de debuxo, pintura, escultura, cerámica, ballet, danza, ioga, baile galego, bailes de salón, percusión, gaita, pandeireta, cociña, licores e conservas, informática, manualidades, galego, inglés, francés, risoterapia, etc.

Pincha aquí e solicita o noso completo Catálogo de Actividades Culturais e Cursos

NOVAS TECNOLOXÍAS

TECLADO EDUVIA

  • Prevención do sexting, ciberbullyng,  grooming, e ciberacoso
  • Navegación Segura nas redes sociais para nenos, xoves e pais e nais.
  • Optimización no uso das redes sociais, email, e Internet
  • Ferramentas para bucar traballo a través de Internet
  • Alfabetización dixital
  • Cursos de informática especializados: creaciación de páxinas web, retoque fotográfico, animación en 3D,…

FESTAS E CONMEMORACIÓNS

Galicia conta cun tradicional calendario de festas que marcaba as estacións e o paso dunha a outra así como os eventos importantes do ano. Calquera que sexa a festa que se queira organizar, ofrecemos a nosa experiencia coa realización de actividades culturais nas festas e conmemoracións que se desenvolvan no seu Concello, adaptándonos ás súas necesidades.

xogos tradicionales botellasos-maios-ourense EDUVIA

  • Entroido
  • Festas patronais
  • Nadal
  • Magostos
  • Samaín  / Halloween
  • San Xoán
  • Os maios
  • Festas gastronómicas
  • Días conmemorativos
  • Recuperación de Xogos Tradicionais

Ademais estamos en contacto permanente con todo tipo de autores, artistas e animadores. Xestionamos actuacións de pequeno e gran formato. Dinos que tes en mente e nos poñemos a túa disposición a nosa carteira de artistas para que as súas festas gañen en vistosidade e calidade.