O 24 de febreiro, día do nacemento desta apreciada poetisa galega realizamos un contacontos especial adicado a esta autora para que os rapaces e rapazas do Concello de Silleda se achegasen dunha maneira divertida e interactiva á súa figura, coñecendoa un pouco máis e valorizando o seu traballo.
Durante a hora que durou o contactontos os máis de 200 rapaces participantes dos colexios MªInmaculada, CEIP de Bandeira, CEIP Silleda descubriron o día do nacemento desta autora, falaron das súas principais obras, recitaron un poema todos xuntos, reflexionaron sobre a importancia da súa obra poética e sobre todo a valentía amosada ao escribres no século XIX en galego, porque nesta época a lingua galega quedara reducida a un mero dialecto, despreciado e desprestixiado.
Como premio ao interese e a participación activa amosadas polos asistentes, a Concellería de Cultura agasallou a todos cunhas chapas conmemorativas do acto.
FEB
2014