Os nosos compromisos.
- Personalizamos os nosos programas e servizos, adaptándoos sempre ás características do grupo destinatario
- Ofertamos un amplo paquete de servizos, nos que a calidade do produto e a seguridade dos usuarios son prioritarios
- Aseguramos a cualificación profesional do noso persoal, así como a súa actualización e formación continua
- Aínda que traballamos en toda Galicia, tentamos na medida do posible sempre contratar a profesionais locais para favorecer o seu coñecemento da realidade dos nosos usuarios.
- Desenvolvemos os nosos proxectos desde unha perspectiva integral, partindo do deseño inicial á súa avaliación final, e continuando mesmo cun seguimento posterior dos resultados acadados.

As nosas Garantias.
- As actividades de EDUVÍA contan con todos os elementos técnicos e legais necesarios para asegurar a integridade e a salvagarda dos usuarios.
- Realizamos unha estrita política de selección de persoal, escollendo aos profesionais máis idóneos para cada actividade
- Elaboramos informes periódicos dos resultados acadados
- Coidamos cada detalle para obter a máxima satisfacción dos participantes e do cliente
