ruta en bicicleta con nenos EDUVIA

Dende os Concellos é importantísimo promover actividades deportivas para a poboación, por iso desde EDUVIA axudamos a elaborar, planificar e xestionar moitas accións que melloren a oferta deportiva municipal.

Organizamos actividades co obxectivo obxectivo de promover o deporte e mellorar a calidade de vida dos veciños calquera  que sexa a súa idade. Aportamos a experiencia do noso amplo equipo de profesionais do deporte tanto para a organización  accións a medio ou longo prazo ou actividades puntuais de promoción e xestión para eventos concretos.

escolas municipais depotivas DANZAESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS

Ofrecemos estas e outras moitas actividades para nenos e adultos.

  • Deportes individuais: atletismo, ballet, ximnasia rítmica, natación, karate, aerobic, patinaxe artística, ciclismo, xadrez…
  • Deportes de equipo: fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol, béisbol,…
  • Específicas para adultos: pilates, aerobic, zumba, natación, ioga, tai-chi, fútbol veteranos, ximnasia de mantemento, defensa persoal,…

EVENTOS DEPORTIVOS

file0001935315229

Axudamos a organizar todo tipo de eventos deportivos, colaborando en todo o proceso, dende a súa planificación, execución e desenvolvemento.

  • Campus deportivos
  • Ligas e Campionatos
  • Trofeos e Torneos
  • Probas
  • Xornadas técnicas
  • Maratóns

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

PIRAGUAS EDUVIAOrganizamos diferentes actividades deportivas ao largo de todo o ano:

  • Campaña de Esquí
  • Fines de semana multiaventura
  • Iniciación á vela, piragüismo
  • Campamentos deportivos de Nadal, Semana Santa e Verán
  • Deportes de aventura na natureza: geocaching, escalada, tiro con arco,…
  • Rutas de Sendeirismo