En EDUVIA ofrecemos unha serie de servizos ambientais aos Concellos porque sabemos que a preocupación polo medio ambiente é obxectivo prioritario
Deseñamos e poñemos en práctica programas e actividades diversas de educación ambiental dirixidas a todo tipo de público. Ofertamos programas de divulgación e sensibilización mediambiental, acompañamos na elaboramos informes técnicos que axudan a realizar unha correcta ordenación do territorio e dos seus recursos naturais e do patrimonio.
As nosas accións van dirixidas a distintos sectores, nenos, novos, adultos, terceira idade, asociacións, empresarios, centros educativos,… e teñen como fin estimular valores e actitudes ambientalmente responsables, fomentando a reflexión crítica e a participación na resolución dos problemas ambientais. Co noso traballo pretendemos proporcionar á sociedade recursos orientados a conseguir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento máis equilibrado tanto ecolóxica como socialmente.
EDUCACIÓN AMBIENTAL
- Obradoiros temáticos: enerxía, auga, residuos, bioconstrucción, consumo responsable, artesanía,…
- Taller de eco-agasallo
- Xogos ambientais e dinámicas
- Actividades específicas para días conmemorativos
- Realización de viveiros e hortas escolares
- Axenda 21 Escolar
- Produción de materiais didácticos e divulgativos
- Cursos para adultos de diferentes temáticas: Hortos Urbanos Sostenibles, Recollida e cociña de cogomelos, Ornitoloxía e avistamento de aves, Fotografía na natureza, Plantas medicinais, Elaboración de licores, confituras e marmelos,…
- Xestión de equipamentos ambientais: centro de visitantes, aulas de natureza, etc.
- Organización de estancias, campamentos e viaxes de educación ambiental
SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL
- Xestión de eventos ambientais: día da agua, semana da mobilidade, día do medio ambiente, etc.
- Contacontos de sensibilización infantil
- Charlas e foros de educación ambiental
- Organización de Roteiros de sendeirismo interpretativos
DIVULGACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- Realización de itinerarios ambientais
- Deseño de Rutas de Sendeirismo Ecolóxicas
- Elaboración de paneis interpretativos temáticos
- Xestión de Centros de Interpretación do Medio Natural e do Patrimonio
- Produción de exposicións divulgativas
- Deseño de cadernos e guías interpretativas
- Asistencia técnica en cursos, congresos e xornadas ambientais.
ESTUDOS AMBIENTAIS
- Inventarios de flora e fauna
- Programas de seguimento e vixilancia ambiental
- Informes medioambientais
- Inventarios de recursos e estudos de diagnóstico