Dado que Galicia é unha rexión con gran potencial turístico, o turismo tense que converter nunhas das principais actividades económicas e de promoción cultural existentes, faise precisa unha abordaxe cercana que promova a empatía e participación, e garanta unha sustentabilidade sociocultural que se pode levar da mellor maneira desde os Concellos.

Dende EDUVIA asesoramos sobre a mellor maneira de abordar a divulgación dos numerosos tesouros que existen  no seu Concello, propoñendo actividades que axuden a poñer en valor e favorecer o descubrimento das marabillas das nosas vilas e lugares.

maiores en taller foraRUTAS E VISITAS GUIADAS

  • Excursionismo cultural e turístico
  • Deseño de Rutas de Sendeirismo culturais e turísticas
  • Elaboración de visitas guiadas a espazos de interese turístico
  • Montaxe de paquetes: etnoturismo, turismo gastronómico,…

DINAMIZACIÓN TURÍSTICA:

  • Realización de itinerarios turísticos
  • Elaboración de paneis interpretativos temáticos
  • Xestión de Oficinas de Información Turística
  • Produción de exposicións divulgativas
  • Deseño de cadernos e guías turísticas
  • Formación en dinamización turística aos actores implicados

castrosESTUDOS TURISTICOS

  • Inventarios  de recursos turísticos
  • Programas de seguimento e vixilancia ambiental
  • Informes turísticos zonais
  • Inventarios de recursos e estudos de diagnóstico